No dia do Medio Ambiente, Amigos da Terra xunto cos representantes dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña xa presentamos “residuo mínimo” en O Morrazo. Falamos da importancia da participación activa da poboación no proxecto, encamiñado a implantar a cultura do Residuo Cero na comarca a través de diversas actividades durante 1 ano.
Unha delas será a compostaxe. Coa colaboración da empresa Recolte, a Mancomunidade aposta decididamente pola compostaxe, dando a posiblidade de participar a 50 familias en cada concello. Deste xeito, 150 familas terán o seu propio composteiro nos seus xardíns e hortas e farán o seu abono ecolóxico e de calidade.
Outro reto da campaña é o de reducir os residuos de envases, polo que dende o comezo da Campaña Amigos da Terra terá presenza nas rúas. Cada mes visitaremos unha das vilas da Mancomunidade, colocando un espazo informativo no que poder informar á cidadanía e interactuar cos colectivos locais.
Ademáis ofreceremos un programa educativo que achegará aos centros de ensino públicos un catálogo de recursos didácticos adaptados aos distintos nives educativos. Obradoiros, contidos para a reflexión, dinámicas ou xogos que motivarán a avanzar cara o residuo mínimo tamén nos centros de ensino.
Estade atentas/os! iremos informando.