Residuo Mínimo é un proxecto colaborativo por parte de tres entidades moi diferentes pero imprescindibles para lograr o obxectivo común de minimizar os residuos na área de O Morrazo:
Amigos da Terra
Unha organización ecoloxista galega (que fai parte de Friends of the Earth, a máis extensa organización ecoloxista internacional) que conta con amplios coñecementos ambientais e máis de 20 anos de experiencia en toda a Comunidade Galega, onde leva a cabo campañas de sensibilización, proxectos educativos, formacións, cursos, e outras actividades reivindicativas e divulgativas co fin de sensibilizar e concienciar á sociedade dos distintos problemas medioambientais e sociais e propoñer desde a práctica alternativas viables e sobradamente demostradas que contribúen a unha mellora ambiental e construír sociedades sustentables.
Mancomunidade de Concellos do Morrazo
Entidade local formada pola asociación dos Municipios de Bueu, Cangas e Moaña que xestiona, entre outros, o servizo de recollida e tratamento dos residuos sólidos e impulsa a compostaxe nos Concellos.
Recolte
Unha empresa adicada á recollida e xestión de residuos en numerosos Concellos da Comunidade de Galicia, nos que ademáis realiza actividades de sensibilización ambiental para evidenciar a forma correcta de separación dos residuos reciclables.