O sábado 28 de xullo Residuo Mínimo continúa coas actividades de recollida e caracterización de residuos nas praias do Morrazo. Nesta ocasión estaremos na praia da Videira en Tirán (Moaña), e contaremos coa colaboración da Asociación de Veciños de Tirán.
Ante a percepción das praias aparentemente limpas decidimos preguntarnos e preguntar…pensa vostede que a praia está realmente limpa?…
Imos buscar ao “inimigo invisible”. Amigos da Terra, coa colaboración das entidades ecoloxistas e veciñais do Morrazo instala laboratorios de campo en busca dos microplásticos. Unha actividade participativa aberta á veciñanza e visitantes estivais.
- Onde: Praia da Videira – Tirán (Moaña)
- Cándo: Sábado 28 de xullo, de 11:00 a 13:00