Residuo Mínimo organiza unha limpeza de praia en Bueu

Mañá, sábado 7 de xullo Residuo Mínimo inicia en Bueu unha serie de actividades de recollida e caracterización de residuos nas praias do Morrazo.  Nesta ocasión, e contando coa colaboración de de Anduxía Asociación Ecoloxista de Bueu recorreremos a Praia Banda do Río, xunto ao peirao da vila, para buscar microplásticos en varias zonas da praia e distintos estratos de marea. Para elo empregaremos varias lupas binoculares que nos permitirán identificar e cuantificar os distintos tipos de microplásticos que se atopan no mar.

Ademais, realizaremos tamén unha recollida e caracterización de residuos do areal, separando os envases, bolsas e outros obxectos que enchen de de lixo o noso medio.

  • Onde: Praia do Banda do Río (xunto ao peirao)
  • Cándo: Sábado 7 de xullo, de 11:00 a 13:00

 

Deixar unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *