Accións do “Plastic Attack” no Morrazo

Neste mes de xuño realizáronse nos concellos de Cangas, Bueu e Moaña accións baixo o lema “Plastic Attack”, nas que se sensibilizou e motivou á cidadanía a revisar as súas compras e deixar no posto informativo os plásticos innecesarios e as embalaxes supérfluas que atopan na súa compra.

O obxectivo principal foi o de visibilizar o exceso de plásticos que día a día consumimos e as alternativas reutilizables que como consumidores/as críticos/as podemos incorporar ás nosas rutinas para reducir os residuos que xeramos.

Deixar unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *