Que non te pesquen, non caias na rede dos embalaxes. Posto informativo en Bueu.

A campaña para a redución dos residuos que desenvolve a Mancomunidade de Concellos do Morrazo continúa a serie de accións de sensibilización de rúa nos diferentes concellos.

Un exemplo: As latas de refrescos que se consumen soamente nun ano en Bueu alcanzarían, postas en fila unha pegada á outra, a distancia entre Bueu e a Illa de Ons ida e volta, e aínda nos sobraría algunha lata.

Todos e todas caemos voluntaria ou involuntariamente nesta rede consumista que faise especialmente crítica as portas das festas de nadal. Aínda que nós podamos permitirnos semellantes excesos o planeta do que dependemos todos e todas, do que depende todo, non se pode permitir este ritmo insostible de esgotamento de recursos naturais e contaminación que xenera, ademais, un enorme e custoso proceso para a súa recollida e xestión.

Por iso o concello de Bueu, coa colaboración de Amigos da Terra e Recolte instalaremos unha rede de pesca na que intentaremos “pescar” aqueles envases e embalaxes superfluos que incorporamos ás nosas compras.

Cando: O Luns 18 de Decembro, de 11:00 a 14:00.

Onde: No mercado do peirao, Concello de Bueu.

Deixar unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *