Residuo mínimo Morrazo instalará un punto informativo o vindeiro sábado en Cangas.
A campaña conxunta dos Concellos da mancomunidade do Morrazo “Residuo Mínimo” instalará este sábado día 7 en Cangas dentro da programación da Mostra do Posible na Alameda entre as 11:00 e as 14:00 horas.
O obxectivo desta campaña consiste en desenvolver propostas concretas para reducir a producción de residuos urbanos. Unha destas accións consistirá no tratamento da fracción orgánica dos mesmos mediante a compostaxe, un sistema natural que permite (dun modo simple e limpo) producir un abono orgánico de excelente calidade. Cincuenta familias de cada concello da mancomunidade poderán participar neste proxecto e producir o seu propio compost nos seus fogares. Desde a mancomunidade suministraráselles o composteiro e o asesoramento e seguimento ao longo do proceso.
As persoas que se acheguen a este punto informativo recibirán como agasallo unha bolsiña de compost.
- Lugar: Concello de Cangas. Alameda. Mostra do Posible.
- Horario: Entre as 11:00 e as 14:00.
O mesmo sábado pola tarde, ás 18:45 na Casa da Cultura de Cangas, estaremos presentando e dinamizando a mesa “Situación ambiental, retos e perspectivas”.
Contamos con todos e todas!!!