O Concello de Moaña inicia a formación para as familias participantes no programa de compostaxe individual desenvolvido pola mancomunidade do Morrazo. Con este programa as 50 familias do Concello de Moaña que decidiron participar recibirán o seu composteiro individual e coñecerán como empregar os seus composteiros para obter a partires da fracción orgánica dos seus residuos urbanos un abono de calidade.
Na sesión formativa explicaráse o procedemento para iniciar o proceso da compostaxe e obter un abono orgánico de calidade, os mellores métodos para a súa elaboración e as precaucións a ter en conta sobre os distintos elementos compostables e resolveránse as dúbidas que poidan ter as familias participantes no proxecto de compostaxe individual. Finalmente entregaráselle as persoas participantes un manual de compostaxe.
A sesión formativa terá lugar hoxe Xoves día 2 as 20:00 horas no Salón de plenos do Concello de Moaña.