Foto-acción contra as bolsas de plástico na praia de O Con

Este sábado 8 de xullo ven a praia de O Con en Moaña e únete á cultura de #residuominimo en O Morrazo participando na Foto-acción contra as bolsas de plástico. Trae a túa bolsa de tela, mochila ou cesta habituais.

Por qué? O plástico inundou a nosa vida cotiá e o noso litoral. A costa está nunha situación de emerxencia, pois unha media de 8 millóns de toneladas de plásticos chegan cada ano aos mares e océanos do mundo. Moito deste plástico procede das bolsas de un só uso, que teñen unha vida media de 15 minutos e unha reciclaxe de tan so un 10%. Ese plástico está a acabar con especies mariñas que os inxiren ou enganchan, e cubrindo de lixo as nosas praias e ecosistemas litorais.

Cómo apuntarte e en qué consiste:

  • Foto-acción na Praia de O Con, exemplo de #BanderaAzul, este sábado de 11 a 14h no posto da Campaña.
  • Trae unha bolsa de tela, mochila ou cesta que empregues habitualmente para reivindicar opcións ecolóxicas que non supoñan o abandono de plástico na natureza.
  • Haberá recompensa! farémoste parte da Campaña participando no programa de compostaxe se queres incluir a túa vivenda e/ou levando unha mostra-regalo de abono de calidade para as túas plantas.
Saída dende Vigo ás 9.30h: disfruta da praia e apoia a acción apuntándote en info@residuominimo.com

Deixar unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *