Di NON ás bolsas dun so uso

As bolsas de plástico dun so uso empregadas en Moaña nun ano cubrirían, postas en fila unha pegada á outra, a distancia entre Moaña e Vigo, ida e volta… 40 veces!

Unha boa parte desas bolsas remata no mar, xerando un importante problema ambiental. Teñen unha vida media de 15 minutos e unha reciclaxe de tan so un 10%.

Reduce o seu uso con bolsas de tea e outras alternativas de materiais duradeiros que te permitan empregalas durante moito tempo.

Deixar unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *