Actividades escolares en Recolte

Os centros de ensino dos concellos da Mancomunidade do Morrazo vistan a planta de procesamento dos residuos urbanos.

Continuando o proxecto educativo da campaña “Residuo mínimo do Morrazo” os centros escolares coñeceron de xeito directo a planta de xestión dos RSU do Morrazo. Nas instalacións de Recolte, a empresa xestora dos residuos da mancomunidade, as nenas e nenos das escolas do Morrazo seguen o ciclo da xestión dos residuos comezando pola redución a reutilización e finalmente o proceso da súa reciclaxe.

Finalizaron a actividade realizando diversos obradoiros sobre a xestión dos RSU.

Deixar unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *