Un exemplo: As bolsas de plástico de un solo uso empregadas en Moaña soamente nun ano cubrirían, postas en fila unha pegada á outra, a distancia entre Moaña e Vigo, ida e volta… 40 veces”.
Todos e todas caemos voluntaria ou involuntariamente nesta rede consumista que faise especialmente crítica as portas das festas de nadal. Aínda que nós podamos permitirnos semellantes excesos o planeta do que dependemos todos e todas, do que depende todo, non se pode permitir este ritmo insostible de esgotamento de recursos naturais e contaminación que xenera, ademais, un enorme e custoso proceso para a súa recollida e xestión.
Por iso O concello de Moaña, coa colaboración de Amigos da Terra e Recolte instalaremos unha rede de pesca na que intentaremos “pescar” aqueles envases e embalaxes superfluos que incorporamos ás nosas compras.
Cando: O Luns 4 de Decembro, de 11:00 a 14:00.
Onde: Ao final da Avenida da Xunqueira, fronte ao Concello de Moaña.