Punto informativo e reparto de saquiños de compost en Moaña

Residuo mínimo Morrazo instalará un punto informativo o vindeiro sábado en Moaña.

A campaña conxunta dos Concellos da mancomunidade do Morrazo “Residuo Mínimo” instalará este sábado día 26 no mercadiño de Moaña, diante da praza de abastos (rúa concepción Arenal) un punto informativo entre as 11:00 e as 13:00 horas.
O obxectivo desta campaña consiste en desenvolver propostas concretas para reducir a producción de residuos urbanos. Unha destas accións consistirá no tratamento da fracción orgánica dos mesmos mediante a compostaxe, un sistema natural que permite (dun modo simple e limpo) producir un abono orgánico de excelente calidade. Cincuenta familias de cada concello da mancomunidade poderán participar neste proxecto e producir o seu propio compost nos seus fogares. Desde a mancomunidade suministraráselles o composteiro e o asesoramento e seguimento ao longo do proceso.

No punto de información da campaña recibirán as indicacións correspondentes e poderán formalizar a súa participación no mesmo.

Asimesmo as persoas que se acheguen a este punto informativo recibirán como agasallo unha bolsiña de compost.

Lugar: Concello de Moaña. Entrada do mercadiño, diante da praza de abastos (rúa concepción Arenal)
Horario: Entre as 11:00 e as 13:00.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *