O Concello de Moaña desenvolve unha xornada formativa sobre compostaxe dentro da campaña “Residuo Mínimo no Morrazo”

O Concello de Moaña inicia a formación para as familias participantes no programa de compostaxe individual desenvolvido pola mancomunidade do Morrazo. Con este programa as 50 familias do Concello de Moaña que decidiron participar recibirán o seu composteiro individual e coñecerán como empregar os seus composteiros para obter a partires da fracción orgánica dos seus residuos urbanos un abono de calidade.

Na sesión formativa explicaráse o procedemento para iniciar o proceso da compostaxe e obter un abono orgánico de calidade, os mellores métodos para a súa elaboración e as precaucións a ter en conta  sobre os distintos elementos compostables e resolveránse as dúbidas que poidan ter as familias participantes no proxecto de compostaxe individual.  Finalmente entregaráselle as persoas participantes un manual de compostaxe.

A sesión formativa terá lugar hoxe Xoves día 2 as 20:00 horas no Salón de plenos do Concello de Moaña.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *