O Concello de Bueu desenvolve unha xornada formativa sobre compostaxe dentro da campaña “Residuo Mínimo no Morrazo”

O Concello de Bueu inicia a formación para as familias participantes no programa de compostaxe individual desenvolvido pola mancomunidade do Morrazo. Con este programa as 50 familias do Concello do concello de Bueu que decidiron participar coñecerán como empregar os seus composteiros para obter a partires da fracción orgánica dos seus residuos urbanos un abono de calidade.

Na sesión formativa explicaráse o procedemento para iniciar o proceso da compostaxe e obter un abono orgánico de calidade, os mellores métodos para a súa elaboración e as precaucións a ter en conta  sobre os distintos elementos compostables e resolveránse as dúbidas que poidan ter as familias participantes no proxecto de compostaxe individual.  Finalmente entregaráselle as persoas participantes un manual de compostaxe.

A sesión formativa terá lugar hoxe Xoves día 19 as 20:00 horas no Centro Social do Mar (Rúa Montero Ríos 18) de Bueu.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *